Perante a reforma neoliberal da Constitución española

Diante da reforma da Constitución española a Frente Popular Galega quere facer públicas as seguintes consideracións:

1º.- Esta reforma vén confirmar que dentro da orde constitucional española non ten cabemento nin a soberanía das diferentes nacións sen Estado nin a participación real das administracións públicas a favor das maiorías sociais. Esta é unha reforma neoliberal e centralista que busca aniquilar a xa minguada autonomía e imposibilitar por vía constitucional a intervención socio-económica a través de verdadeiras políticas públicas.

2º.- Entendemos que, diante desta nova agresión centralista e antiobreira por parte do bloque españolista PSOE/PP, a resposta desde Galiza e a esquerda nacional debera ser unitaria e aberta a todas as forzas encadradas na defensa da nosa soberanía e do pobo traballador galego.

3º.- Non acreditamos en chamamentos sectarios nin electoralistas. Non é responsábel facer unha convocatoria pechada e oportunista, abrindo contactos políticos coa intención de hexemonizar as mobilizacións de cara ás eleccións do 20-N e chamando ás présas ao pobo galego a se mobilizar cando xa os poderes políticos teñen consolidada a devandita medida, algo que lembra a actuación dos sindicatos españois cando convocaron a folga xeral do 27 de setembro.

4º.- Non se pode obviar o golpe de estado electoral, a través da Lei Orgánica 2/2011, de 28 de xaneiro, que restrinxe ou imposibilita que a maioría das formacións contrarias ao sistema poidan participar no proceso electoral.

5º.- A FPG considera que a principal prioridade na que deben centrarse as clases traballadoras galegas e as opcións políticas e sindicais que as representan é afrontar a brutal crise económica e social, valorando que esta situación debe ser atacada desde unha política e unha mobilización unitaria, ampla e de esquerdas como única forma de éxito desbotando contestacións sectarias ou testemuñais.

Galiza, 16 de setembro de 2011

Comité Central da F.P.G.

This entry was posted in Sen clasificar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>