Éxito no mitin da FPG

Sabido é para todo aquel que se interese polas candidaturas que se presentan a estas eleccións municipais, que dende que comezou a campaña os medios de comunicación procuraron o noso silenciamento, coa complicidade dos partidos políticos maioritarios: ¨Alcaldía¨, ¨Tenencia de Alcaldía¨ e ¨Puerto de Vigo¨.

Pero a Frente Popular Galega existe, e está máis viva ca nunca na nosa cidade. Mostra diso foi o grande respaldo popular recibido hoxe no mitin central da campaña no pequeno salón de actos da Federación de Asociacións Veciñais ¨Eduardo Chao¨,  que quedou cativo para albergar ao redor de setenta persoas que viron escoitar as intervencións dos candidatos Moncho Lareu, Oriana Méndez, Paco Sampedro e Xosé Lois Romero, presentado por Anxo Angueira.

Coa Frente Popular Galega entrará por fin a clase traballadora no Concello de Vigo. Porque o pobo é a maioría. Viva Galiza ceibe e socialista!

This entry was posted in Candidatura. Bookmark the permalink.

Unha Resposta a Éxito no mitin da FPG

  1. Airas di:

    Viva!!!

    Adiante tod@s coa Frente Popular!