A Candidatura da Frente Popular Galega ao Concello de Vigo volve a facer unha proposta programática orixinal na metade da campaña, tal como aconteceu na de hai catro anos coa idea de converter o Museo do Verbum no que a FPG deu en chamar o Tiro das Artes. [ http://www.blogoteca.com/fpgvigo/index.php?cod=15787 ] E é que, por vez primeira, unha candidatura viguesa aposta polo paulatino traslado da Universidade de Vigo desde Lagoas-Marcosende ao centro da cidade.
A nosa proposta, lanzada en exclusiva o pasado xoves 12 de maio no programa ¨Hoy por hoy¨ de Radio Vigo, baséase en:
Apoiar dende a institución do Concello á Universidade de Vigo para a axuda de cesión, compra, promoción e reabilitación de espazos baleiros da nosa cidade, tales como naves industriais, edificios ruinosos e históricos baleiros, etc. Para implantarmos neles as facultades. Para darlle ese carácter universitario do que tanto carece a nosa cidade, para que os estudantes non estean á marxe da sociedade, e para facer a vida dos nosos xoves un pouco menos estresante, que se relacionen entre sí e que non teñan que desprazarse durante case unha hora para chegar ó seu centro de estudo.
A nosa aposta consiste en ir baixando paulatinamente as facultades do Complexo Universitario de Vigo (CUVI) á cidade, como se está a facer nas instalacións da ETEA, co chamado Campus do Mar (proxecto que se distinguíu co Título á Excelencia Europea, e que nós valoramos moi positivamente), para rematar co aillamento interesado desde a súa concepción tardofranquista coa fin de que o estudantado ficase á marxe da sociedade.
Sabemos que a competencia non é exclusiva do Concello, máis colaboraríamos man a man coa Universidade de Vigo en propostas como a do Campus do Mar. Proporíamos novas ideas de desprazamento, compra e rehabilitación, tendo sempre en conta a inversión millonaria que se fixo durante décadas no campus de Zamáns e o valor arquitectónico tan importante que alí quedaría. Por iso nós non pretendemos a destrución do CUVI, senón que a FPG de Vigo propón que as instalacións de Lagoas-Marcosende sexan utilizadas para as facultades de Enxeñería Forestal, Ciencias Ambientais, Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Enxeñería Técnica Agrícola, Enxeñería Ambiental, así como para estudos de Formación Profesional relacionados co agro e o rural. Combiado coa creación dunha colonia agrícola integrada nos montes comunais e potenciar a personalidade rural da parroquia de Zamáns (A única no noso Concello que conta con esa distinción), e asegurar así o seu futuro e viabilidade.
Candidatura da Frente Popular Galega ao Concello de Vigo


